xoves, 31 de outubro de 2019

Reunión da rede de orientadores e técnicos de desenvolvemento local

REUNIÓN DE ORIENTADORES/AS E TÉCNICAS DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DA COMARCA.

Esta mañá (29 de outubro)  0 IES García Barbón acolleu un novo encontro de profesionais do ámbito da orientación formativa e laboral e desenvolvemento local da comarca.

En dita reunión puxemos en común a oferta formativa, os programas actuais e futuros en materia de emprego e formación e puidemos profundizar máis sobre as necesidades formativas da comarca e sobre programas moi interesantes para o desenvolvemento do territorio como o programa #EmprendOu ou oa #FpDual que se leva a cabo no centro García Barbón.
Co obxectivo de facilitar o traballo en rede e facilitar o acceso á información por parte de persoal técnico, alumnado e persoas usuarias, o director do centro, Daniel Veiga creou un blog ao que podedes acceder facendo click en
▶️▶️▶️ http://eefverin.blogspot.com
No blog podedes ver todos os recursos da zona.
Nos vindeiros días integraremos tamén nas nosas axendas a programación promovida polo Centro de Información á Muller en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero durante o mes de novembro, xunto coas actividades que se levarán a cabo en rede co resto de entidades. Podedes ver a información completa en cim.mancoverin.es
No xornal La Región tamén dan conta da noticia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario