mércores, 4 de setembro de 2019

Curso de Formación para técnicos/as e Encontro informal

Anúnciovos que a Mancomunidade de Verín está a organizar este mes de setembro unha formación dirixida a técnicos/as. Na mesma practicarase con novas ferramentas que de utilidade para atender dun xeito máis cómodo e práctico aos usuarios dos vosos servizos, principalmente no que respecta a axudar en procesos de busca de emprego, creación de empresas e mellora de negocios xa existentes, pero está aberto a outros posibles temas que vos preocupen.

O curso terá lugar no Centro Cooperativo de Pazos en horario de 8:30 a 12:30 (é flexible) os seguintes días de setembro:
Luns 9 --- Luns 16   --- Luns 23 --- Xoves 26
Inscricións: http://bit.ly/CursoTecnicos2019MancoVerin


Comentarvos tamén que luns 9 á tardiña, a partir das 20:00h, imos ter na sede de AEVER (ao lado do Concello de Verín) un encontro informal onde falar distendidamente con empresarios/as sobre qué necesidades temos os dous colectivos e, sobre todo, compartir ideas e suxerencias sobre cómo nos podemos axudar máis uns aos outros.

Podedes facer as vosas inscricións tanto ao curso como ao encontro aquí: http://bit.ly/CursoTecnicos2019MancoVerin

Ningún comentario:

Publicar un comentario