mércores, 4 de setembro de 2019

CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE 60 HORAS -CONSTRUCIÓN-

O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL INFORMA: CURSO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE 60 HORAS CONSTRUCIÓN EN VERÍN- SUBVENCIONADO
Para traballar no sector construcción é preciso ter a formación en PRL básica (60 horas) e a específica do posto. Esta formación pode realizarse de maneira privada (a través das empresas, as mutuas ou pagándoa nas diferentes convocatorias da Fundación Laboral da Construción. Dende o Servizo de Orientación Laboral informamos de que entre o 30 de setembro e o 11 de Outubro terá lugar esta formación en #Verín de maneira subvencionada, polo que non terá coste para o alumnado. Aínda non temos os datos concretos, pero xa podedes contactar coa Fundación Laboral da Construción en Ourense onde a orientadora laboral vos informará. Os datos de contacto son: 988750709 gsanchez@fundacionlaboral.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario